6 - A lapela programación e currículo
Na lapela programación e currículo, en cor azul, existen varias opcións de xestión que funcionan de forma independente pero interconectadas, con respecto á parte das UD-UDIs, e das restantes seccións, tódolos ámbitos poden ser empregados sen necesidade de completar o outro.
Desde esta lapela poderás xestionar a creación de diferentes documentos de centro como son:
- Agrupamentos por tipo dos criterios de avaliación
- Levar o control dos criterios traballados (nas UD-UDIS e diario de clase) e avaliados (nas UD-UDIS) por cada área e nivel
- Levar o control dos contidos traballados (nas UD-UDIS e diario de clase) por cada área e nivel
- Facer o seguimento dos perfiles de saída de primaria e secundaria.
- Crear e xestionar borradores de Adaptacións Curriculares Significativas.
- Restaurar o cartafol (agrupamentos por tipo e seguimento de perfil de saída) dunha copia de seguridade
Todos estes documentos, elabóranse para o cartafol de traballo seleccionado na lapela 'cartafoles', sendo posible copiar estes contidos doutro cartafol ó actual, empregando a opción que se explica no punto correspondente
