1.1.5-a - Crear e modificar carpetas e libretas coas túas anotacións manuscritas
As anotacións manuscritas organizanse en libretas, dentro das cales podes engadir tantas páxinas como quieras (a man ou por importación de pdf/imaxes ou da cámara)
Ademais podes organizar as libretas en cartafoles, cun único nivel de profundidade (é dicir non pode haber cartafoles dentro de cartafoles)
Crear e modificar libretas:
Cando creas unha libreta escolles un nome e cor.
Podes modificala e, incluso borrala, mantendo pulsado sobre a libreta.
Dentro de cada libreta podes crear ou importar tódalas páxinas que precises.
Lembra que para poder borrar a libreta esta ten que estar valeira de páxinas.
Crear e modificar cartafoles:
Podes organizar as túas libretas en cartafoles, se o desexas, tanto nas diferentes datas da axenda, como no block de notas. Dentro do cartafol poderás crear/mover tódalas libretas que consideres.
Ten en conta que non se poden crear carfoles dentro dun cartafol.
Pulsa o botón de engadir (+) e terás a opción de escoller crear un novo cartafol.
Para modificalo, tal como sucedía coas libretas, mantén pulsado sobre o cartafol e escolle a opción correspondente.
Para eliminar un cartafol este deberá estar valeiro, é dicir sen libretas. Novamente mantendo pulsado verás a opcion de borrado.





