inicio       acceso usuarios     GAL | CAST
inicio       acceso usuarios     GAL | CAST

1.1.5 - Axenda e anotacións manuscritas

Contas tamén cunha axenda de anotacións na que poderás:

  • Facer anotacións co teclado
  • Crear libretas para, dentro crar páxinas e facer anotacións manuscritas (con fondos de tramas e cores, ou ben a partir de pdf, imaxes ou desde a cámara/galería) 
  • Engadir citas con altertas
  • Marcar os festivos locais.
  • Asociar anotacións manuscritas ás reunións.
  • Ter o pronóstico meteorolóxico para os vindeiros días.

Desde a versión 3.1.129, ó realizar búsquedas tamén se amosarán entre os resultados, as coincidencias atopadas nas anotacións manuscritas (na súa conversión automática a texto)

 

Anotacións manuscritas:

Podes crear páxinas de anotacións manuscritas dentro das libretas.

En cada libreta podes engadir tantas páxinas, de anotacións manuscritas, como queiras e escribir nelas usando un lapis (Apple pencil ou stylus). Tamén poderás activar a escritura co dedo, no menú lateral de puntos dentro de cada páxina, para poder usar a escritura manuscrita sen contar con cun lapis.

Cando se crean, tes a opción de creala de catro modos diferentes (desde a versión 3.1.221). No caso da páxina en branco podes escoller a cor de fondo e trama (raiado, cuadriculado...), grosor e espaciado, ou ben imporar un pdf, imaxe ou coa cámara/galería.

 

Se a creaches con fondo (sen importar ou desde a cámara) sempre podes cambiar o fondo desde o menú contextual

As páxinas creadas nun sistema diferente (iOS visualizadas en Android e viceversa) só poderán abrirse para seren vistas, pero non modificadas. Só podes modificar aquelas páxinas creadas no mesmo sistema (aínda que sexa un dispositivo diferente)
 

Consulta o seguinte apartado deste manual sobre a importación de pdf/imaxe ou desde a cámara. Neste caso poderás escribir sobre o documento importado.

 

Cada páxina conta cun menú extendido, icona de tres puntos, que permite acceder a opcións adicionais tales como:

  • Omosar ou ocultar as ferramentas.
  • Activar ou desactivar a escritura co dedo.
  • Eliminar a páxina.
  • Asociala a unha reunión que teñamos creada para algún alumno (desde a súa ficha), que teña lugar no día da páxina.
  • Ver a páxina no navegador (vesión imprimible)  e a versión convertida a texto da mesma (desde a versión 3.1.129)
  •  Mover a outra data.
  • Ordenar a páxina dentro a mesma data (cambiarlle o número).
  • Mover a páxina ó block de notas; deixará de estar asociada a este día será movida ó block de notas. Poderemos facer o mesmo pero de modo inverso, desde o block de notas a calquera data.
  • Cambiar o fondo da páxina: trama, cor e características (sólidas se no se trata dun pdf ou imaxe importada)

Asemade desde cada páxina, o outrobotón do lateral, (o lado do dos tres puntos), poderemos engadir rápidamente (sen ter que saír dela e voltar ó calendario):

  • Unha anotación co teclado en calquera data.
  • Unha cita en calquera data

 

 

As páxinas teñen un sistema de auto-gardado cada vez que levantas o lapis ou rematas un trazo, aparecerá unha icona de gardado na nube ó lado do botón de 'voltar e pechar', No caso de haber problemas de conexión recibirás un aviso e esa icona non desaparecerá, porque seguirá gardando. Neste caso agarda a que remate o gardado antes de pechar a app.

Procura non pechar a app sen ter saído da páxina para asegurarte que se garden tódolos datos (se ben o gardado automático debería funcionar en tódolos casos, incluso nese)
 

Na versión para iOS podes cambiar de páxina, deslizando dous dedos á dereita ou esqueda (versión 3.1.165 ou superior)